Tuesday 14 de May de 2024

A Xunta incentiva os proxectos empresariais fememinos no eido da investigación e a tecnoloxía


Programa Emega, inclúe unha nova liña de axudas a mulleres emprendedoras

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella indicou hoxe que o goberno galego incluíu unha nova liña para incentivar a iniciativa empresarial de investigación e tecnolóxica, denominada ITEF (Investigación e Tecnolóxica en Feminino), no marco do Programa Emega.

Este programa de axudas económicas mediante primas axuda ás mulleres a promocionar o mellor proxecto empresarial de carácter innovador, contido científico ou de base tecnolóxica nas empresas lideradas por mulleres e que comparten a creación de emprego feminino.

Esta nova liña enmarcase no Programa Emega que a Secretaria Xeral de Igualdade convoca anualmente para estimular as mulleres emprendedoras, para que materializaren as súas ideas empresariais, apoiándoas mediante a concesión dunha serie de axudas económicas para que se establezan como empresarias e deste xeito acaden a súa propia promoción e contribúan á creación de postos de traballo.
As medidas de fomento das iniciativas empresariais promovidas por mulleres constitúen actuacións eficaces para a xeración e o mantemento de emprego e a mobilización de recursos, destacou López Abella, e polo tanto son medidas que no contexto económico actual cobran especial relevancia, polo que resulta obrigado que sexan fomentadas pola Administración en xeral e polos organismos de igualdade en particular.
Susana López Abella fixo entrega hoxe do Premio ao Emprendemento Feminino, no marco do concurso de ideas empresariais e innovadoras organizado pola Real Academia de Ciencias de Galicia. López Abella felicitou á á Real Academia Galega de Ciencias pola organización do Concurso de ideas empresariales e innovadoras, que premia a emprendedores e emprendedoras que presenten ideas innovadoras susceptibles de converterse en proxectos empresariais a curto e medio prazo.